
Benvidos á páxina web do colexio Virxe Milagrosa de Bueu.
|
CURSO 2006-2007 |
|
Logo das vacacións escolares, o colexio abre de novo as súas portas para que os alumnos/as volvan ao seu “taller de traballo”, para reencontrarse cos seus amigos/as e profesores/as e comprometerse xuntos noutra etapa chea de posibilidades. Os centros vicencianos traballaremos neste curso 2006/2007 o valor da “amizade”: Ü Descubrir que a amizade nos leva a unha relación sólida, profunda e desinteresada que favorece o desenvolvemento, a estabilidade persoal e mellora da sociedade. Ü Potenciar a comunicación como o valor que nos axuda a intercambiar de forma efectiva: pensamentos, ideas e sentimentos na familia. Ü Potenciar a xenerosidade nas relacións, poñendo a disposición dos demais o que somos e temos, buscando o benestar dos que nos rodean, mais alá dos intereses persoais. San Vicente de Paúl que nos congrega sempre ao iniciar o curso será para todos un guía e un modelo do servizo aos demais. Sexamos felices facendo felices aos outros. ¡Bo curso!
|