Educación Infantil: 5 anos.

     O Magosto.

Os nenos e nenas de 5 anos celebramos o Samaín facendo unha careta de cabaza e elaborando e comendo chulas de cabaza. Para o Magosto pintamos entre todos un mural para o patio e fixemos un bolsiño con cara de castaña para recoller as castañas que asaron  as nais e pais e que logo nos degustamos alegremente.