IDEARIO

 

Centros Educativos Vicencianos

                    Carácter Propio

                

A Escola Vicenciana comprométese a un ensino de calidade con estilo propio que faga presente a Boa Nova do Evanxeo. O espírito vicenciano caracterízase polos seguintes trazos:

- Unha preocupación polos débiles  no seu nivel económico, capacidade intelectual ou outro tipo de limitación, de acordo coa nosa vocación de servicio.

- Un ambiente educativo que supón sinxeleza, acollida, respecto, confianza, alegría, austeridade, realismo, lealdade e xenerosidade.

- Unha concepción da educación que basea os seus esforzos na integración social dos seus alumnos, a sensibilización polos necesitados e a valoración do saber como medio para mellor servir ós demais.

 

ALGÚNS ASPECTOS BÁSICOS DA NOSA ACCIÓN EDUCATIVA

POTENCIAMOS a motivación e o estímulo como base do crecemento persoal do Alumno, para que chegue ó máximo das súas posibilidades.

ORIENTAMOS ós Alumnos no seu traballo formativo para que descubran as súas aptitudes e limitacións e aprendan a desenvolver as súas capacidades e a tomar decisións con liberdade e responsabilidade.

DAMOS a debida importancia á creatividade e ó desenvolvemento da capacidade intelectual do Alumno, de modo que el mesmo sexa o constructor do seu propio saber.

FAVORECEMOS a educación a través da actividade motriz e da expresión corporal, fomentando a adquisición de destrezas e habilidades.

VALORAMOS a convivencia e potenciamos as relacións de cooperación entre compañeiros e os hábitos de comportamento democrático.

POÑEMOS os avances tecnolóxicos ó servicio da educación, ensinándolles a comprender e valorar con espírito crítico, as distintas formas de expresión.

PROMOVEMOS a formación dos pais para a educación dos seus fillos na familia e a adecuada educación do centro.

FORMAMOS no respecto e defensa da vida humana e do medio ambiente.

PROXECTAMOS  a educación máis aló da aula e do horario lectivo, a través de múltiples actividades formativas.