HISTORIA

                        O Colexio "Virxe Milagrosa" de Bueu non se construiu con fins lucrativos, nin como medio de ocupación das Fillas da Caridade, senón por necesidade urxente dos nenos da vila.

                    Por iniciativa de Don Roberto Massó e Doña Julita Barreras, vendo que a maioría dos nenos da vila estaban na rúa por falta de escolas, sentiron a necesidade de axudar a fundar un colexio rexido por unha Comunidade.

                    A este nobre sentimento dos señores Massó uniuse a Señorita María Eugenia Bolibar quen deixou desinteresadamente unha casa ó servicio das Irmáns.

                    Era o día 14 de setembro de 1965, cando chegaron catro Irmás á vila mariñeira de Bueu. As primeiras clases déronse nun local de Sección Feminina, dispoñíase de tres aulas, unha de Parvuliños, outra Elemental e unha terceira de Cultura Xeral.

                    Ante a insistencia dos pais en pedir praza para os seus fillos ó ano seguinte abriuse unha nova clase no baixo dunha casa, a pouca distancia da vivenda.

                     Tamén se promocionou á xunventude obreira, funcionando unha Escola Nocturna. No ano 1967 abríronse dúas clases máis nun local denominado "Capela de San Xosé". Isto dependía do Concello.

                       Como a matrícula ía en aumneto e os locais eran pequenos, pensouse en construír un Colexio con instalacións apropiadas ás necesidades dunha sociedade en cambio.

                         Comezáronse as obras no ano 1967. Os terreos foron cedidos por "Irmáns Massó S.A...". Construiuse coa axuda de donativos, cun préstamo concedido polo Banco de Crédito á Construcción e unha Subvención que o Ministerio de Educación e Ciencia concedeu a fondo perdido.

                        O Colexio foi recoñecido de "Interese Social" por O.M. o 22 de marzo de 1967.

                        No ano 1972, pediuse ó Ministerio de Educación e Ciencia a transformación do Centro en Colexio de E.X.B. con oito unidades e capacidade para 320 alumnas. Concederon a transformación o 12 de setembro de 1973, pero condicionada á execución das obras.

                        Finalmente a transformación definitiva do Colexio en Centro de E.X.B. , foi o 10 de xullo de 1975.

                        O Colexio percibe a subvención tipo A dende o ano 1972.

                         Uns cantos anos máis tarde volvéronse realizar obras no centro educativo co fin de adaptar as súas instalacións ás novas leis de educación e ó novo sistema educativo. Esta adaptación realizouse no ano 1999. As obras consistiron en ampliar o número de aulas, construindo catro.